FANZINE
PROJECT
Somos selo discográfico, somos promotora, somos axencia de booking, somos escola.
Desde 2008 e desde A Coruña dous obxectivos marcan o noso camiño: favorecer o coñecemento, a expansión e a accesibilidade da música electrónica na nosa cidade; e fomentar as conexións no tecido cultural de vangarda a través de proxectos vinculados ao territorio.
A nosa intención é xerar un ecosistema cultural autóctono, con raíz local e proxección global.
Este ecosistema abrangue canles como a nosa plataforma máis orgánica, Fanzine Records, ou a produción de múltiples eventos que converxen no FanzineFest, sen esquecer a nosa Fanzine School como espazo didáctico para sementar talento.
Somos unha plataforma musical independente, o que nos permite publicar referencias en clave electrónica sen dogmas nin ataduras estilísticas.
Acollemos ritmos e melodías audaces que non temen rachar as convencións.
FANZINE
FEST
A nosa celebración anual, en clave de festival de raíces audiovisuais. Dende 2015 buscamos consolidar e potenciar a cita como referente e imprescindible para quen ama os ritmos de vangarda e as artes audiovisuais no noroeste de España.
Queremos estabelecer novas vías de comunicación con públicos de todas as idades: queremos estreitar a relación entre a cultura electrónica e a cidade da Coruña.
Volveremos contar con colaboradores e provedores directamente vinculados á cidade para estimular o tecido produtivo e cultural galego.
Desde A Coruña para o mundo.
O froito que xorde da necesidade de dispor dun espazo colaborativo no que a música sexa o nexo común, para nos desenvolver a través do coñecemento e das experiencias compartidas.
Centro de unión para persoas apaixonadas pola música electrónica sen consideraren o nivel; centro no que se comparte o saber, e no que apostamos polo desenvolvemento do talento e de sinerxías xenuínas.
Un núcleo para sementar unha escena desde a base.
Clases de produción musical (presenciais e en liña)
Clases de Dj
Servizo de mistura e técnica
Asesoría artística e técnica
Aluguer de cabina de DJ profesional e sala de streaming
FESTIVAL
ELECTRÓNICA
CORUÑÉS
F.E.C.
Desde 2010, no mes de agosto, o auditorio do parque de Sta. Margarita na Coruña, acolle o noso festival de verán. Un open air gratuíto enmarcado no programa oficial das festas da cidade.
Unha xornada na que os artistas máis representativos da escena electrónica local e galega comparten cartel con reputadas figuras internacionais.